
Probas para a obtención dos certificados de lingua galega(Celga), niveis 1, 2, 3 e 4, no ano 2026
25/03/2026Achegamos información actualizada sobre as próximas formacións previstas no marco do programa +Emprego en Cogami Ourense, por se fora de interese para as persoas usuarias dos vosos servizos.
Este programa, financiado pola Fundación La Caixa, está orientado a mellorar as oportunidades de inserción laboral das persoas con discapacidade e/ou incapacidade laboral en situación de desemprego.
Nos meses de setembro a novembro realizaranse estas formacións, con posibilidade de axuda económica de desprazamento:
- Acompañamento en Transporte Escolar e AdaptadoDuración: 50 horas de formación e 25 horas de prácticas en empresa.
- Primeiros Auxilios
Duración: 40 horas teórico-prácticas. - Manexo de Carretilla Elevadora
Ademáis da formación, o programa ofrece:
- Itinerarios personalizados de inserción laboral, acompañando a cada persoa no seu proceso.
- Obradoiros breves de formación en competencias transversais e habilidades para o emprego.


